Comarcas

@depo_es inxecta 2 millóns aos concelllos en axudas extraordinarias contra a COVID-19

Os 52 concellos da provincia de menos de 20.000habitantes xa teñen a súa disposición case 2 millóns de euros da Deputación de Pontevedra, correspondentes ás primeiras medidas activadas polo goberno provincial para facer fronte á COVID19.

Trátase da Liña de Axudas Extraordinarias, cun importe de 1,3 millóns de euros, e do adianto do 100% das axudas de
emerxencia dotadas con outros 500.0000 euros. En concreto, os 52 concellos pediron o adianto das de emerxencia e solicitaron a liña de axudas extraordinarias, aínda que tres deles están a cumprimentar a documentación e poderán ter a notificación esta próxima semana.

A institución provincial xa liberou estas dúas partidas polo que os concellos dispoñen do diñeiro para facer fronte ás novas necesidades da veciñanza ao fío da crise. A estas dúas liñas súmase o adianto, tamén do 100%, do financiamento do Plan Concertado de Servizos Comunitarios Básicos e o SAF, por 2,4 millóns de euros, que agora mesmo se está a tramitar para os concellos que o solicitaron, de momento 49 dos 52.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou a súa “satisfacción” ante a acollida das medidas. “Temos que ter moito orgullo da resposta dos concellos desta provincia que, amais de estar na primeira liña de loita contra o COVID,
seguen a traballar a pesar das dificultades para conseguir todas as axudas posibles para a súa veciñanza”.

Con esta inxección económica da Deputación, os concellos beneficiarios que a pediron están a poder financiar necesidades básicas da cidadanía e, sobre todo, da poboación máis vulnerable. Este diñeiro destínase á adquisición de
alimentos, material de protección e desinfección como luvas e máscaras, así como gastos de asistencia en combustible o aluguer de vehículos para levar a compra de alimentos e medicinas aos domicilios das persoas maiores e en
risco, especialmente ás que viven soas.

O obxectivo de estas medidas do goberno provincial, xunto aos anticipos do Fondo de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros, e á modificación da Liña 2 do Plan Concellos, por outros 3 millóns de euros, foi inxectar liquidez de xeito eficaz e case inmediato aos municipios máis pequenos, para financiar as consecuencias da crise do coronavirus. O investimento provincial total é de máis de 28 millóns de euros.

También te puede interesar