A decisión levouse adiante logo de agardar a que o número de persoas que deron positivo na mesma por COVID-19 chegase ás 80- delas 60 anciáns- tal e como confirmóu nunha entrevista á Radio Galega (RG) o director xeral de maiores da Consellería de Política Social.
Con esta son tres as residencias privadas intervidas pola Xunta ante o alarmante número de contaxios e, en dúas delas, de mortos, con coronavirus. Estas residencias son dúas de DomusVi, as de Barreiro en Vigo- con 16 mortos e 64 contaxios- e Aldán – con 16 mortos e 98 contaxios e, agora Nosa Señora de Fátima, no Barco de Valdeorras.
DomusVi, tamén ten unha residencia en Santiago, a de San Lázaro, con 14 mortos e 112 contaxios, e no conxunto do Estado, ten outros dous centros intervidos, mentres en 8 dos mesmos-contando os de Galicia- contabilízanse 150 maiores falecidos.
O responsable de Maiores da Xunta, recoñeceu que é posible que haxa que intervir máis centros de maiores privados á vista de que, mentres a ‘curva de contaxios iniciou en Galicia unha baixada, no caso destas residencias de pago o número de casos e o de mortes segue subindo.
Iso sí, Ildefonso de la Campa, diante da gravidade desta situación, permitiuse ironizar coas propostas que fan outras forzas políticas sobre as actuacións nas residencias de anciáns de Galicia, ás que cualificou de “ocorrencias” e asegururou que “agora hai moitas”.