Os concellos da área territorial de Vigo recibirán do Fondo de Cooperación Local preto de 3,7 millóns de euros correspondentes coa liquidación do 2018 e as entregas a conta ás corporacións locais das cantidades do primeiro trimestre do ano en curso.
Entre os municipios da área, a cidade de Vigo, no grupo dos municipios de máis de 50.000 habitantes, é a que percibe a maior contía, 1.843.121,55€. No Morrazo, Moaña e Cangas reciben 161.784,06€ e 221.638,37 respectivamente; e no Val Miñor, corresponden 158.964,75 a Gondomar, 169.006,84 a Nigrán e 150.927,59€ a Baiona.
En A Louriña, Mos e O Porriño perciben 134.404,66 e 153.609,53€; mentres Redondela recibe 241.409,04; Pazos de Borbén 54.179,35; Fornelos de Montes 54.364,33; Salceda de Caselas 40.750,14; Soutomaior 85.141,52 euros e Salvaterra do Miño 144.099,05€.
Se trata, indican dende a Xunta, de “fondos non finalistas”, é dicir que os municipios destinan libremente a obras e servizos de competencia municipal, aos que hai que sumar outras liñas de axuda e subvencións das distintas consellerías, así como a dotación correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.
En canto a fórmula de distribución, o reparto faise en base a criterios obxectivos pactados previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), cun peso específico aos relativos á poboación -especialmente o número de habitantes pero tamén o número de persoas maiores de 65 anos-, así como a superficie do concello e a cantidade de núcleos de poboación.