Comarcas

@depo_es celebra o ‘Día Internacional do Libro’ na compaña de oito escritoras e escritores contemporáneos

As escritoras e escritores galegos converteranse este xoves nos protagonistas da celebración da Deputación de Pontevedra do ‘Día Internacional do Libro’ deste ano 2020.

Despois dunha semana de actividades culturais on line, ao través da web provincial e das redes sociais, este día grande dos libros estará centrado nas referencias persoais de oito autoras e autores galegos contemporáneos e a súa particular invitación a ler a través das súas obras favoritas.

Así, nun vídeo que se colgará na web da Deputación de Pontevedra, escritores e escritoras como Pedro Feijoo, Marilar Aleixandre, Francisco Castro, Ledicia Costas, Domingo Villar, Inma López Silva, Manel Loureiro e Silvia Penas, compartirán
coas persoas que accedan á páxina da institución e ás súas redes sociais, os seus libros de referencia.

Neste audiovisual agasallarán á cidadanía coa mellor literatura: “a que nos compromete, a que nos emociona, a que nos fai pensar, a que nos fai máis libres”. “Os libros están a ser fundamentais nestes días de confinamento, téñense
convertido nos nosos amigos máis fieis”, subliña Carmela Silva. Por iso, pese a que a pandemia condiciona este ano a celebración, a presidenta da Deputación insiste en que estas circunstancias excepcionais “reforzan a necesidade de
compartir cultura”.

También te puede interesar