Comarcas

@depo_es incorpora a tarefas de desinfección en 17 concellos ao Consorcio contra Incendios

Dende este luns, os membros do Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e
salvamento incorpórase ás tarefas de desinfección nos concellos da provincia de máis de 5.000 habitantes.

Concretamente, a través deste servizo adscrito á Deputación, e mediante unha nova unidade de desinfección constituída por persoal e vehículos dos parques, vanse desinfectar ao longo desta semana os exteriores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e Centros de saúde de ata 17 concellos de Pontevedra.

Máis polo miúdo, as tarefas de limpeza que comezaron hoxe a cargo do Consorcio provincial realizaranse nos concellos de Bueu (Centro de Saúde de Bueu), Caldas (Centro de Saúde de Caldas), Cambados (Centro de Saúde de Cambados), Cerdedo-Cotobade (Centro de Saúde de Tenorio), O Grove (Centro de Saúde do Grove), Marín (Centro de Saúde de Marín), Meaño (Centro de Saúde de Meaño), Moaña (Centro de Saúde de Domaio), Poio (Centro de Saúde de Anafáns), Ponte Caldelas (Centro de saúde de Ponte Caldelas), O Porriño (PAC Porriño e Centro de Saúde de Porriño), Sanxenxo
(Centro de Saúde de Baltar e Centro de Saúde de Dena), Soutomaior (Centro de Saúde de Arcade), Tomiño (Centro de Saúde de Tomiño), Vilaboa (Centro de Saúde de Vilaboa), Vilagarcía (Centro de Saúde San Roque) e Vilanova de
Arousa (Centro de Saúde de Vilanova de Arousa).

Xunto a esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra está a desinfectar periodicamente o Centro Príncipe Felipe e os accesos ao Pazo Provincial e Edificio Administrativo, ao que se une a guía, elaborada por persoal técnico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, con recomendacións aos concellos para a limpeza e desinfección cara a combater a pandemia.

También te puede interesar