Os datos rexistrados nas últimas semanas pola Rede galega de estacións con sonómetros revelan que o confinamento da poboación e as restricións impostas polo Covid-19 está a ter un “impacto directo e moi significativo” no ruído ambiental que soportamos habitualmente os galegos.
MeteoGalicia conclúe que a partir dos datos obtidos no que levamos de ‘Estado de Alarma’, pódese avanzar que a
actividade e o impacto acústico en Galicia experimentou unha diminución de entre o 60% e o 70%.
Este avance do comportamento do ruído ambiental e a contaminación acústica durante o ‘Estado de Alarma’ fíxose público coincidindo coa conmemoración do ‘Día Internacional da Concienciación sobre o ruído’ e, segundo os datos preliminares recabados por MeteoGalicia, o impacto a nivel acústico durante as dúas primeiras quincenas de confinamento foi moi similar, cunha diminución media dos niveis de ruído de entre 4 e 5 decibelios