A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGSDP) vén de remitir un comunicado aos medios de comunciación no que sinala ao presidente Feijóo como responsables do “elevado nivel de contaxios e mortalidade” nas residencias de anciáns.
Dacordo cun informe do Consello de Contas de Galicia de 2018, indican dende esta asocición, que houbo “irregularidades e amiguismo” na adxudicación de varias destas residencias nas que a Consellería de Política social non fixo control algún aínda que houbo denuncias sobre a falla de persoal, o incumprimento de protocolos de funcionamento ou deficiencias nas instalacións.
Estes feitos, a xuízo de AGSPD, influiron, determinantemente, no alto número de contaxios e de vítimas mortais nos centros de maiores de Galicia-que representan o 46% de todas as mortes por coronavirus na comunidade-un feito ao que, indican, se suma pouca transparencia por parte da Xunta e a falla de información ás familias dos residentes.