O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, informou este domingo aos presidentes autonómicos, durante a décima reunión que celebran en dous meses, que dende este luns os habitantes dos concellos de ata 10.000 habitantes-como antes pasara xa cos de ata 5.000- non terán límite horario para sair a pasear durante esta ‘fase 1’ da desaceleración do illamento pola pandemia do coronavirus.
Do mesmo xeito, o presidente adiantou aos presidentes que ten intención de solicitar ao Congreso unha nova prórroga do ‘Estado de Alarma’: nesta ocasión será por 1 mes de duración o que supón que, de obter o respaldo-que xa adiantaron aue non darán o Partido Popular, a dereita extrema española e a dereita catalana- a alarma estaría vixente ata metade de xeño.