Galicia Vigo al minuto

As Eleccións Galegas serán o 12 de xullo

Non hai sorpresa: cando o lehendakari vasco convoca eleccións ao Parlamento de Euskadi, o presidente Feijóo fai o mesmo en Galicia. Este luns está convocada unha reunión extraordinaria do Goberno de Galicia na que Alberto Núñez Feijóo informará de que o vindeiro 12 de xullo serán as Eleccións ao Parlamento de Galicia que quedaran adiadas logo da pandemia do coronavirus-logo de ser convocadas para o 5 de abril-.

O presidente da Xunta non atendeu a opinión da maioría dos representantes do resto dos partidos políticos galegos, que pediron que as eleccións non fosen o 12 de xullo e tentará acadar unha cuarta maioría absoluta.

También te puede interesar