Galicia Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis acusa á Xunta e ao Concello do abandono dos espazos públicos da ETEA

Os veciños lamentan o mal estado do parque público, o paseo marítimo e o peirao

ETEA Vigo abandono

A Asociación Veciñal de Teis dirixiuse por escrito ao Concello e a Xunta para esixir o mantemento do espazos públicos na ETEA.

Etea Vigo abandono

Parque publico

Segundo os veciños, as zonas verdes están abandonadas, a vexetación invade o parque, hai lixo no chan, as papeleiras non se baleiran.

“É necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque   e  dos espazos verdes”.  O parque público,construíno a Consellería de Infraestruturas en 2013.

Etea Vigo abandono

Paseo marítimo e peirao

O paseo marítimo, realizado polo Concello en 2011, “carece de papeleiras, non se realiza mantemento habitual do mesmo e abunda a vexetación”.

A Asociación veciñal denuncia que ademais o paseo bordea a Praia da Punta e o firme esta moi deteriorado.

Etea Vigo abandono

A Asociación Veciñal de Teis, acusa á Xunta e o Concello da situación de “abandono do parque público, do paseo marítimo e do peirao da ETEA”.

Etea Vigo abandono

Para os veciños, “a falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións  só prexudica a veciñanza de Teis”

También te puede interesar