Comarcas

@depo_es reralizará preto de 500 obras en 54 concellos por medio do ‘Plan Móvese’

O investimento total nas estradas da provincia será de 2,5 millóns

A Deputación adxudica as obras da estrada entre Viso e Hío, en Cangas, para "transformala nunha estrada do século XXI"

O goberno da Deputación aprobará este venres a terceira
edición do ‘Plan Móvese’, deseñado un ano máis co modelo de priorización das persoas por enriba dos vehículos.

Móvese III significará en ano e medio un investimento total nas estradas provinciais de 2,5 millóns de euros, un millón de euros no que queda deste ano e 1,5 millóns en 2021.

Elo traducirase na execución de 478 obras que beneficiarán a 54 concellos da provincia.

“De feito, cada vez son máis os concellos adheridos a este Plan”, sinalan dende a Deputación. O mesmo suporá, na súa maior parte, a construción de Pasos Peonís Sobreelevados (PPS) e Redutores Físicos de
Velocidade dos Vehículos (RFVV)
, naquelas zonas nas que non é convinte sobreelevar ou en tramos sen pasos peonís pero con escasa visibilidade.

Os concellos que se suman este ano son Forcarei, Oia, Vila de Cruces, Campo Lameiro e Vilagarcía de Arousa.

Para a elaboración do Móvese III, a Deputación contou cun estudio de
campo pormenorizado, que se fixo durante ano e medio, dos case 2.000 pasos peonís.

Esta terceira edición do Plan tamén incluirá proxectos de seguridade viaria decididos pola propia Deputación.

O balance dos Plans Móvese supón un investimento da Deputación de ata 7 millóns de euros nas case 1.500 actuacións planificadas e
executadas.

También te puede interesar