Para o conselleiro de Sanidade, é “lóxico” que os hospitais e clínicas privadas de Galicia reclamen compensacións ao Ministerio de Sanidade polos efectos da pandemia do Covid-19.
Jesús Vázquez Almuiña declarou este sábado pasado, nuna entrevista á Radio Galega, que é normal que “se dirixan ao Ministerio de Sanidade para ver que poden facer por aí”.
Vázquel Almuiña estima que esas compensacións non estrían ligadas ao número de casos que atenderon os centros privados, que recoñeceu foron poucos, senón ao feito de estar a disposición do Goberno do Estado.
Na entrevista o conselleiro non fixo referencia ao feito de que a Xunta destina anualmente á sanidade privada galega preto de 4.000 millóns de euros anuais, que é seis veces o custo final do Hospital Álvaro Cunqueiro.