O Concello ofrece este verán 2.388 prazas en campamentos urbanos e actividades estivais para nenas e nenos. Os campamentos serán en diferentes espazos e con “medidas especiais de seguridade”. O orzamento do programa é de 227.000€.
A oferta de actividades inclúe o campamento en VigoZoo con 208 prazas, Verán en Samil con 200 prazas, Verán en Alcabre (200 prazas), Verán en inglés (100 prazas), Verán en Navia (195 prazas), Verán en Vigosónico (195 prazas), Verán na Casa da Xuventude (60 prazas), Verán en Coia (60 prazas), Verán mariñeiro (200 prazas), Verán náutico na ETEA (320 prazas), Verán náutico en Bouzas (200 prazas) e o Campamento urbano en Travesas (450 prazas).
Dende este xoves, 4 de xuño, e ata o día 12 está aberto o período de solicitude de praza. A mesma poderá reservarse xeito telemático.
As prazas adxudícanse mediante un sorteo, que se realizará o 15 de xuño ás 11 horas. O 22 de xuño publícase o listado definitivo na web do Concello.