As campañas de promoción turística a través de soportes dixitais “As Rías Baixas visítante” e “Viaxe ao pasado”, postas en marcha pola Deputación, contan con máis de 170.000 visualizacións nunha semana.
Como explicou a presidenta, o contido foi lanzado a través da rede para fomentar o turismo: “mentres non nos poden visitar, nós visitamos a xente”.
“As Rías Baixas visítante” promociona de xeito virtual os principais activos turísticos da provincia con “visitas guiadas online a algúns dos monumentos ou recunchos naturais máis singulares“.
“Ademais de ir contando os valores turísticos, tamén falamos da historia dos lugares que estamos promovendo con este proxecto”, sinala Carmela Silva.
Estas visitas guiadas virtuais están programadas os mércores e venres ás 10 da mañá nas redes sociais corporativas. Os vídeos están posteriormente accesibles na canle de YouTube de Turismo Rías Baixas.
Coa campaña “Viaxe ao pasado”, a Deputación sérvese de vídeos, postais, fotografías e publicacións históricas para amosar o
onte e o hoxe da provincia.
“Falamos do que somos e do que fomos porque o futuro está ligado ó presente e ó pasado e todo conforma unha forma de estar no mundo”, dixo a presidenta.
Esta iniciativa, que tamén recorre ás redes sociais de Turismo Rías Baixas para ilustrar monumentos, vilas termais ou espazos declarados bens de interese cultural.