A solicitude pode realizarse de xeito telemático e presencial, nas oficinas de Correos.
No caso da solicitude telemática, pode realizarse mediante ‘sinatura electrónica’ e a través de sistemas de identificación, como o certificado de persona física recoñecido polo Goberno e o Documento Nacional de Identidade electrónico (DNI-e).
No caso de petición de voto de forma presencial, os electores deberán ir a Correos e acreditar a súa identidade na propia oficina.
Nos dous casos, solicitude telemática e presencial, o prazo finaliza o vindeiro 2 de xullo.
O voto pode entregarse ao carteiro
A identidade do votante será comprobada cando se realice a entrega da documentación electoral do voto por correo no seu domicilio, a partir do 22 de xuño. Para iso, verificarase o DNI, o pasaporte ou o permiso de condución.
Ademais, o elector poderá entregar ao carteiro os sobres electorais cumprimentados no momento da súa recepción. Despois, recibirá un xustificante acreditativo do depósito do seu voto, o que permitirá evitar que se desprace a unha oficina de Correos