A presidenta da Deputación anunciou este venres a posta en
marcha dunha campaña para garantir o mellor tratamentos dos residuos de protección contra o coronavirus.
‘Responsabilízate’
Co lema de “Responsabilízate”, a campaña apela á responsabilidade individual á hora de desfacerse do material de protección como mascarillas, luvas ou botes de hidroxel.
‘Aquí, non’
Imaxes de impacto amosan praias, parques e bosques onde non se pode arroxar o material sanitario. “Aquí non”, lembra que mascarillas e luvas non son reciclables e deben depositarse no contedor de descarte, de cor verde ou gris, segundo o concello. Tamén, que os botes
baleiros de xeles desinfectantes deben deixarse no contedor amarelo xunto ao resto de envases de produtos de limpeza.
A presidenta da Deputación sinalou os moitos danos que estes residuos sanitarios ocasionan ao medio ambiente. “Unha mascarilla tarda ao redor de 400 anos en descompoñerse na natureza”, comentou, e engadiu que as lubas son altamente contaminantes se rematan no fondo do mar.
“So España fabricará durante o mes de xullo máis de 100 millóns de mascarillas“, indicou e por iso é esencial desbotalalas correctamente.
Carmela Silva fixo un chamamento á cidadanía afirmando que “pandemias globais como esta tamén teñen moito que ver coa perda da biodiversidade e o mal uso dos recursos”.