É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másTócala otra vez, Thom
O alcalde anunciou hoxe que Thom Mayne presentará en Vigo o mes que ven o proxecto básico deseñado polo prestixioso arquitecto para a nova estación de Urzáiz.
Preguntado por vigoalminuto, Caballero confirmou que o traballo encargado ao Premio Pritzker xa está a ser estudado polos técnicos do Ministerio de Fomento e da Concellería de Urbanismo, para o seu encaixe nas infraestruturas ferroviarias no primeiro caso e no Plan Xeral de Ordenación Municipal, no segundo.
O alcalde asegurou que Mayne está á espera de concretar unha data para a presentación na cidade, data que concretarase atendendo á axenda do ministro de Fomento, o lucense José Blanco xa que Caballero quere que o titular da carteira máis inversora do Goberno participe tamén no acto dado que o proxecto do arquitecto será unha das grandes infraestruturas ferroviarias de España pero, poida estar Blanco ou non, a presentación pública “do mes de xullo non vai pasar”, asegurou o alcalde.
Y además: El alcalde manda a su delegado de Urbanismo a Madrid para ver cómo va la estación de Thom Mayne. Quien te ha visto y quien te Mayne. Ahora falta el proyecto de Thom Mayne. O proxecto básico da estación do AVE xa está listo. Thom Mayne no tiene previsto viajar a Vigo las próximas dos semanas.