É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más@depo_es impulsa ‘Súmate ao Cambio’ para impulsar a responsabilidade compartida no coidado de cativos e dependentes
Carmela Silva salientou que as mulleres son o 89% das persoas coidadoras en España e representan o 95,2% das reducións da xornada laboral para coidar dalgún familiar.
A presidenta da Deputación de Pontevedra presentou este mércores en Vigo a campaña “Súmate ao Cambio”, co obxectivo de que os homes asuman a responsabilidade compartida no coidado de cativos e maiores dependentes.
Preto do 90% das persoas coidadoras son mulleres
Carmela Silva salientou que as mulleres son o 89% das persoas coidadoras en España e representan o 95,2% das reducións da xornada laboral para coidar dalgún familiar. Amais, insistiu, realizan o
76% do traballo non remunerado de coidados no ámbito doméstico e público.
Inxustiza histórica
Para a presidenta trátase dunha “inxustiza histórica” porque son elas as que hipotecan a súa carreira, a súa saúde e as súas vidas.
‘Corresponsabilidade’
Baixo esta premisa e co obxectivo de poñer o foco na corresponsabilidade nos coidados, chega “Súmate ao Cambio”. A nova campaña da Deputación de Pontevedra apela directamente aos homes.
“Falamos dunha enorme transformación social que temos que desenvolver entre todas e todos”, indicou Carmela Silva. A presidenta indicou que a COVID situou os coidados e a vida no centro e temos que
incorporarnos de forma conxunta, homes e mulleres, á corresponsabilidade. Estamos ante un reto inaprazable”.
Silva, que estivo arroupada por varias das mulleres e homes
protagonistas do audiovisual, recordou que os coidados son un dos piares do noso estado de benestar, algo que evidenciou a crise sanitaria. “Sen coidados, o mundo párase, e ata o de agora recaeron case en exclusiva sobre as mulleres. Temos que centrar o debate con esta campaña, para que eles tamén se sumen ao cambio”.
coidados se eles non se suman”.
“Ás mulleres costounos moitísimo saír da casa e ter unha carreira ou un traballo. E de repente nos falan do teletraballo e nos volven a meter na casa dicindo que así podemos volver a coidar cando están pechados centros de día, educativos ou ludotecas. ¿Como imos cumprir coa nosa actividade profesional? ¿a salto de mata?”.
As mulleres, clave na crise do coronavirus
Para a presidenta da Deputación , as mulleres que limpan, que investigan, que curan, que atenden, que sosteñen o fogar, que traballan no mar e no campo, que defenden os nosos dereitos, que crean cultura, en definitiva, mulleres que nos coidan, son “esenciais“ na crise da
Covid19.
Elas son as protagonistas da campaña da Deputación xunto a homes “que xa están comprometidos con este cambio”· Carmela Silva sinalou que na crise “elas foron o motor que mantivo en pé miles de fogares, ducias de factorías, empresas, hospitais, centros de día, ou supermercados”.
Esta situación non é nova, concluiu, as mulleres compaxinan desde hai décadas os coidados coa investigación biomédica, a medicina,
a limpeza dos hospitais, a protección das rías, a pesca, a creación artística, a defensa dos dereitos laborais e con proxectos empresariais que crean riqueza.
Silva agradeceu ás mulleres da campaña o seu compromiso. “Son referentes e nos lembran cada día as aportacións que realizan as mulleres en tódolos ámbitos sociais e económicos”.
Mulleres como María Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica de Galicia; Ana Belén Valiño, secretaria Xeral de MCA-UGT; Carmen
Fernández, a voz das nosas nais e avoas; Rosa Vilán, mariscadora en Arcade, ou Victoria Besada, directora do Instituto Español de Oceanografía.
No acto de presentación, ao igual que no audiovisual da campaña, tamén participaron homes que xa decidiron sumarse ao cambio para facer efectivo o principio de igualdade, entre eles o avogado Ángel Piñeiro,o deportista Adrián Alonso,o xornalista Jacobo Buceta ou Enrique Mallón de Asime.