Comarcas

Tomiño amplía o seu persoal con oito novas contratacións a través de plans de fomento do emprego

5 delas son persoas perceptoras de RISGA

O Concello de Tomiño vén de contratar con cargo a distintas subvencións de fomento do emprego, a 8 novos traballadores.

Deste xeito, o persoal do Concello vese ampliado durante varios meses por 5 persoas desempregadas e perceptoras da RISGA (Renta de inclusión social de Galicia). Estas persoas traballarán en limpeza, xardinaría e outras áreas do Concello, até o mes de marzo do 2021.

Ditas contratacións leváronse a cabo con cargo a unha subvención de 67.075,65 € procedentes da Xunta de Galicia e 1.631,14 € de achega municipal.

Socorristas

Asemade, a través dunha axuda para o fomento do emprego no ámbito de colaboración coas entidades locais,  dotada con 6.000€ da Xunta e 3710,54€ do propio Concello, contratouse durante tres meses a dúas persoas que se desempeñan coma socorristas na praia de Goián, dende o pasado día 23 de xuño e até mediados do mes de setembro.

Por último, por medio do Programa de fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural 2020), o Concello procedeu a contratar unha enxeñeira técnica forestal.

Comezará a prestar os seus servizos no mes de agosto próximo. Farao a xornada completa durante nove meses, o que significará un investimento de 16.177,14€ de procedencia autonómica e 391,32€ de procedencia local.

Plan Concellos

A estes oito traballadores hai que sumar outros 24 do Plan Concellos 2020, que foron incorporándose dende o día 23 de xuño pasado, grazas á subvención da Deputación de Pontevedra (275.442,83€) e á unha achega municipal de 6.643, 12 €.

También te puede interesar