Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 78 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 15,00 horas do venres, 10 de xullo, ata as 12 menos un minuto deste domingo, día 12.
A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 80 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións. As
ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 57 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en cinco ocasións.
En 60 casos os feridos foron trasladados ao hospital, en 17 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa morreu no punto.