O Festival de Cans, cuxa XVII edición ten previsto celebrarse entre o 2 e o 5 de Setembro, prepara un novedoso formato. O mesmo incorpora medidas para acadar as “máximas garantías de hixiene, seguridade e distanciamento social”.
Realizar o festival de xeito moito máis reducido, pero sen perder a esencia e os sinais identificativos do mesmo, é o obxectivo final.
“Escudo protector”
A organización traballa nun concepto de festival onde a premisa máis importantes serán garantir un “escudo protector” sobre as persoas maiores da aldea. Ademaís, haberá unha redución do aforo dos jalpóns a menos da metade. Tamén se eliminarán as actuacións musicais nocturnas no Torreiro. Por último, as actividades estarán centralizadas nun único espazo de aforo limitado e controlado, ubicado na zona do Parque do Río.
Por este motivo evitaranse as proxeccións e actividades naqueles jalpóns onde habiten persoas de maior idade.
Menos ‘jalpóns’ e menos espectadores
O plan do Festival pasa por reducir o número de jalpóns e o aforo dos mesmos, que habitualmente nunha media dunhas 110 persoas, pasaría a un tope de 50 persoas.
Se aplicarían medidas de hixiene e ventilación do espazo, ó que haberá que entrar con mascarilla. Na entrada de cada jalpón, haberá un dispositivo de aplicación de xel hidroalcólico e o público tería dúas vías de acceso diferentes, unha de entrada e outra de saída, para non cruzarse.
Só 200 entradas para matinais e 200 de tarde
Dada a redución de espazo e aforos, só sairán á venda 200 entradas para as proxecións a concurso en sesión matinal e outras 200 entradas en sesión de tarde do sábado 5 de setembro. A isto súmase que haberá un tope de desprazamento de persoas a Cans, limitado a través do acceso nos autobuses habituais desde o centro de O Porriño.