É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Consellería de Sanidade vén de confirmar a existencia dun brote de Covid-19 con 6 positivos no Porriño. O mesmo está localizado no centro da vila.
O primeiro contaxiado foi un mozo que transmitiu a enfermidade á súa parella e a familiares de ambos. Todos eles, indica o Sergas, están illados nas súas casas. O seguimento da súa evolución séguese dende o Centro de Saúde por médicos de Atención Primaria.
Sanidade indica que os rastrexadores epidemiolóxicos seguen a investigar se hai máis positivos. Por iso, realizaron probas “PCR”. Os resultados se coñecerán hoxe e indicarán se o radio de contaxios é máis amplo.