Galicia Sucesos

O incendio de Verín arrasa xa 160 hectáreas e espállase a Riós queimando outras 20

O lume chegou pola noite á parroquia de Castrelo de Cima, no concello de Riós

Imaxes:@brifLaza/ O incendio que se declarara o mércores a primeira hora da tarde en Verín segue adiante sen control. Medio Rural informa de que as lapas xa queimaron ao redor de 160 hectáreas.

Agora mesmo traballan na súa extinción un técnico, seis axentes, 16 brigadas, 10 helicópteros, 9 avións, 9 motobombas e unha pa.

https://twitter.com/AT_Brif/status/1286030405834027012

O fogo chegou pola noite á parroquia de Castrelo de Cima, no veciño concello de Riós. Ata as 7 da mañá xa quiemara 20 hectáreas.

También te puede interesar