É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs traballadores de PSA Vigo os maiores doadores de sangue de España
Veñen de acadar unha cifra récord de 65.681 doazóns dende o ano 1995
825 traballadoras e traballadores de plata de PSA en Vigo, doaron sangue na propia factoría os pasados días 14, 15, 16 e 23 deste mes. Segundo informa a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), con esta participación, as traballadores e traballadores vigueses acadaron “unha cifra récord de participación con 65.681 doazóns dende o ano 1995”.
Traxectoria solidaria
Hai 25 anos, o Centro de Vigo do grupo PSA comenzou a acoller campañas de doazón de sangue. Hoxe os seus empregados e empregadas “son un referente a nivel estatal, sendo a empresa con maior número de doazóns”.
355 intervencións cirúrxicas
Grazas a colaboración dos 825 profesionais do Centro PSA de Vigo, “poderanse realizar, por exemplo, máis de 355 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 160 enfermos oncolóxicos”.