Ciencia y Tecnología Galicia

As chuvias de metade de mes deixaron en Galicia un mes de agosto “moi húmido”

A precipitación acumulada foi de 92L/m2

No parará de llover ni este fin de semana...ni la que viene

Galicia despide un mes de agosto que se considera moi húmido, debido ás precipitacións abondosas rexistradas nas xornadas do 12 e 19 de agosto.

Así se desprende do avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, onde se indica que cada un deses días por separado xa supera os valores normais de agosto e sumando as precipitacións rexistradas -xunto con algún día de chuvia máis feble-, permite caracterizar o mes como moi húmido en gran parte da Comunidade.

Así, a precipitación media acumulada foi de 92 L/m2 e deuse unha gran diferencia entre comarcas do norte da Comunidade, como a Mariña Central e a comarca do Sar con rexistros de precipitación acumulada de 266 L/m2; fronte ás do sur, como por exemplo a comarca da Limia, á que non se achegaron as frontes máis activas que afectaron a Galicia, nin tampouco
sufriu as fortes chuvias rexistradas por mor das treboadas da xornada do día 11. Deste xeito, resultou a zona máis seca de Galicia, con rexistros de precipitación acumuladas que apenas superaban os 5 L/m2.

Precipitacións un 390% por riba do normal


En canto ao comportamento do mes, respecto dos valores climáticos para o período 1981-2010, os episodios máis chuviosos deixaron porcentaxes de precipitacións de máis dun 390% por riba do normal para esta época do ano.

Un agosto normal nas temperaturas

En relación coas temperaturas, a anomalía media foi de +0.13ºC, o que fai que poda considerarse no conxunto da Comunidade coma un mes normal. Destacou o contraste de temperaturas entre a primeira semana e a segunda quincena do mes, polo que o exceso de calor dos quince primeiros días quedou compensado coas xornadas frías das últimas dúas semanas do mes.

O valor medio das temperaturas máximas foi de 24.5 ºC, rexistrándose os valores máis altos nas Ribeiras do Miño e do Sil, así como na comarca de Verín, con valores que superaron os 30 ºC de media; mentres que as máximas máis baixas déronse nos puntos máis elevados da provincia de Ourense (Manzaneda e Pena Trevinca), con máximas medias que apenas
acadaron os 17 ºC.

También te puede interesar