É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 71 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 4 de setembro, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 6.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 54 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes.
En 55 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.