Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másTomiño, O Rosal y A Guarda suman 54 casos activos de coronavirus
Sanidade reunirase dúas veces por semana coas alcaldesas e alcalde destes concellos para o seguemento da situación epidemiolóxica
Este luns tivo lugar a primeira dunha serie de reunións por videoconferencia que a Consellería de Sanidade manterá dúas veces por semana cos rexidores dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño, con motivo dos brotes vividos nos últimos días nestes municipios.
No caso de Tomiño a situación epidemiolóxica é mellor que na Guarda e O Rosal, pero dada a estreita relación que une á poboación dos 3 concellos, considerouse necesario a súa participación. En conxunto, O Rosal, A Guarda e Tomiño suman 54 casos activos de coronavirus
Valorar a situación e evolución dos casos
O obxectivo destes encontros será valorar a situación e a evolución de xeito frecuente, e facilitar aos concellos os datos relativos aos casos activos que hai en cada momento.
7 casos en Tomiño
Nesta primeira reunión Sanidade informou de que en Tomiño existen na actualidade 7 casos activos de COVID19, entendendo como casos activos aqueles que foran positivos na proba de PCR, que aínda non se lles dera a alta médica, e que teñan o seu médico de cabeceira adscrito ao centro de saude.
Sanidade informou de que durante a fin de semana non houbo ningún caso máis notificado, o que se valora como unha boa nova e se espera que sexa unha sinal da boa evolución no territorio.
Sandra González, alcaldesa de Tomiño declarou que no concello “estase a facer un esforzo continuo e intenso por manter informada á poboación”.
O Rosal, 18 casos
No caso do Rosal Sanidade confirmou que hai 18 casos activos de coronavirus, vinculados a tres brotes familiares e un do ámbito laboral.
Para a alcaldesa, Ánxela Fernández, os veciños do Rosal están moi concienciados e “comprometidos” no cumprimento das medidas tomadaqs para deter o avance da enfermidade.
29 casos en A Guarda
No que se refiere a Guarda o número de casos confirmados por Sanidade é de 29 en total. Como O Rosal, o concello está afectado por novas restricións desde a pasada fin de semana.