A Asociación Veciñal de Teis, organiza un acto informativo sobre o borrador de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) este venres 18 de setembro ás 19:30 horas, no Auditorio de Teis.
O acto contará coa presenza de Mauricio Ruiz, ex-concelleiro de Urbanismo en Vigo é avogado.
Este é o segundo acto informativo que organiza a Asociación, logo do anterior, a comezos de agosto.
O vindeiro 23 de setembro, a Asociación está convocada a unha xuntanza coa concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, para explicar o borrador do PXOM.