Ecoloxistas en Acción vén de denunciar, ante o Concello de Mos e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), o “aparente exceso de edificación” das obras da Cidade Deportiva do Celta nos montes comunais de Pereiras.
A ONG solicita á Axencia que adopte as medidas oportunas para a defensa do interese público, tanto na vía administrativa como, se se estima procedente, denunciando os feitos ante as autoridades competentes -en caso de apreciar algún ilícito penal-.
“A simple vista pode apreciarse que o edificio que están construindo baixo a única cobertura legal das licencias directas excede en demasia o que pode considerarse un pequeno almacén e uns imprescindibles vestiarios”, indican os ecoloxistas.
Lembran que o Goberno local de Mos outorgou, o 29 de novembro de 2018, licenza de obras para a construcción de dous campos de fútbol. Posteriormente, o 31 de outubro de 2019 unha licenza de obras para a construción duns “vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles”. Atendendo ás informacións reflectidas en prensa, as instalacións auxiliares ás que se refire a licenza refírense, exclusivamente, a un pequeno almacén vinculado aos vestiarios, entendido como instalación imprescindible para o uso autorizado.
Por todo isto, Ecoloxistas en Acción esixe que de comprobarse que a sociedad Real Club Celta de Vigo, S.A.D estea realizando actuacións á marxe da dúas licenza outorgadas, se adópten conforme ás previsións da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia. As mesmas abranguen o restablecemento da legalidade urbanística infrinxida que puidesen corresponder, “e, en particular, a paralización das obras, e o inicio dos oportunos expedientes de disciplina urbanística, en función da natureza das infraccións hipoteticamente cometidas”.