A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Groba, 19, en Vigo. Ademais, tamén se inicia o procedemento para elaborar unha lista de adxudicatarios de futuras vivendas vacantes.
As vivendas adxudicaranse mediante sorteo público, que se celebrará o 22 de outubro.
As vivendas a adxudicar dispoñen de 2, 3 ou 4 dormitorios e cada unha conta cunha praza de garaxe e un rocho.
Na adxudicación das vivendas adaptadas para mobilidade reducida terán preferencia as persoas que precisen de cadeira ou dependan de dous bastóns.
En segundo lugar, s persoas que acrediten unha enfermidade ou discapacidade permanente que poida chegar a impedir desprazarse sen axuda.
As vivendas adxudicaranse en réxime de alugueiro cando os ingresos da unidade familiar non superen 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem) e en réxime de compravenda para ingresos familiares entre 1,5 e 2,5 veces o Iprem.