Segundo recolle o bando municipal, as fogueiras debían estar rematadas dous días antes da queima, para que o servizo de bombeiros poidera levar a cabo a inspección e control das mesmas e cerciorarse de que se cumpre coa normativa municipal.
O volume do material combustible das fogueiras non pode superar os 8 metros de diámetro nin os tres metros de altura. Igualmente, a separación destas cos elementros urbanos (árbores, edificios, etc) debe ser dun mínimo de 12 metros, coidando especialmente a proximidade con elementos combustibles, parques forestais e tendidos eléctricos.
O Concello tamén prohibe o emprego de materiais para queima que desprendan fumes tóxicos, líquidos inflamábiles ou sprais. Para protexer o patrimonio arquitectónico e paisaxístico, Seguridade non autorizará fogueiras en praias ou nas cercanías a edificios catalogados.
Ademáis os solicitantes deben subscribir un seguro de responsabilidade civil e encargarse de que as fogueiras non danen o pavimento, para o que este protexerase cunha capa de area de 10 centímetros. O pasado ano as solicitudes ascenderon a 21 das que 17 cumpriron todos os requisitos.