'Qué te cuentas?' Cultura

A crise sanitaria fai caer un 40% as demandas de ruptura matrimonial en Galicia

Diminuiron os divorcios, consensuados e non consensuados, e os procesos de garda e custodia, modificación de medidas e alimentos

O segundo trimestres deste ano, presentáronse en Galicia 872 demandas de ruptura matrimonial fronte ás 1.471 de 2019. Isto supón unha diminución do 40,7 %.No Estado rexistrouse unha baixada do 42,1 %.

Segundo os datos feitos públicos hoxe polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o segundo trimestre do ano foi o máis afectado polo ‘Estado de Alarma.

Dacordo cos mesmos datos, diminuíron os divorcios consensuados (de 840 a 503, un 40,1 %) e non consensuados (de 576 a 339, un 41,1 %). En relación coas separacións consensuadas, pasaron de 39 a 17 no segundo trimestre do ano; as non consensuadas baixaron de 16 a 13, un 18,8 % menos. Neste período non se rexistrou ningunha petición de nulidade matrimonial.

Garda e custodia, alimentos, modificación de medidas

No segundo trimestre do ano tamén se produciu un descenso interanual dos procedementos de garda, custodia e alimentos, así como dos de modificación de medidas.

Entre o 1 de abril e o 30 de xuño iniciáronse 89 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 49,1 % menos. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 477 a 323, un 32,3 % menos.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 175 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 264 do segundo trimestre de 2019, o que supón un descenso do 33,7 %;, En total, presentáronse 207 demandas de modificación de medidas non consensuadas (356 o ano pasado), o que representa unha baixada interanual do 41,9 %.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.