O Partido Popular do Porriño solicitará a comparecencia da alcaldesa e da portavoz de EU SON. Dende o PP xustifican esta petición pola “gravidade das declaracións feitas en relación coa aprobación dun Recoñecemento de Crédito de 3 millóns de euros”.
Eva García, que está citada este luns como imputada polo Xulgados número 2 do Porriño, e a edil deberán dar conta diante da Corporación e da cidadanía sobre o contido duns pactos entre forzas políticas que, tal e como se expuxo publicamente, “perseguían unha nova repartición de cadeiras na Corporación co voto a favor a unha modificación orzamentaria como moeda de cambio”.
‘Compra de votos’
“Patricia Sío, voceira de EU SON relatou en sesión plenaria, sen ningún tipo de pudor, que o seu grupo ía emitir un voto que incurriría nunha ilegalidade se a alcaldesa cumplira a súa parte do trato”, indica o portavoz popular Alejandro Lorenzo.
Sío, engade Lorenzo, defendeu que non podería votar a favor dun acordo que xa estaba aprobado en pleno “porque sería ilegal”: dous minutos despois, dixo que o seu grupo votaría a favor si a alcaldesa anunciaba a súa dimisión.
“Estamos a falar de comprar votos, e hai que dicilo con total claridade”, subliña o voceiro do PP. “Se o que afirma a portavoz de EU SON é así, están a cometer un delito e deberán dar conta onde corresponde”.
Alejandro Lorenzo sinala que en resposta, Eva García “emitiu un comunicado no que en ningún momento nega que se mantiveran as negociacións nestes termos”.
Máis de 5 millóns en facturas investigadas pola xustiza
Lembran os populares que a facturación pendente de pago que está servindo a estes grupos como base de negociación, está a ser investigada penalmente.
No proceso “están imputados varios corporativos polos delitos de tráfico de influencias, prevaricación e falsidade documental”. Falamos, salienta Lorenzo, de “máis de 5 millóns de euros en facturas totalmente irregulares”.
“Esta dantesca situación volve comprometer a todos os grupos que manteñen a este goberno corrupto”, sentenza Alejandro Lorenzo. “PSOE, BNG, EU SON e Manuel Carrera investiron a esta alcaldesa.