O divulgador científico italiano Ignazio Magnani, informa, en galego, na súa conta de Twitter que a Estación Espacial Internacional poderá ollarse ‘a simple vista’ dende toda Galicia.
En Vigo, a mellor hora para observar o seu paso será ás 21:10h…Ignazio recomenda que poñas unha alarma para non deixar pasar o momento.
A Estación Espacial orbita ao redor da Terra a 340 quilómetros de altitude, a unha velocidade de 27.700 km/ h (7,7 km/ s). Só tarda 90 minutos en dar unha volta completa ao Globo.
É o único laboratorio internacional que atópase en microgravidade: a só unha millonésima parte da gravidade que sentimos na superficie terrestre.