Ciencia y Tecnología Galicia

A Xunta informará cada semana da evolución da COVID concello por concello

Haberá niveis de alerta –verde, amarelo, laranxa e vermello-

A Xunta informará semanalmente da situación epidemiolóxica dos concellos. Así o adiantou este martes o presidente Feijóo.

Sanidade informará segundo o nivel de casos novos e co obxectivo de que cada concello poida ver como evoluciona a pandemia no seu ámbito municipal.

Concellos de menos e de máis de 50.000 habitantes


O presidente explicou que se elaborarán dous mapas, un para os casos acumulados nos últimos 7 días e outro para os casos acumulados nos últimos 14 días.

A tal efecto, estableceranse os niveis de alerta –verde, amarelo, laranxa e vermello– segundo os concellos de menos de 50.000 habitantes e os de máis de 50.000.

Para os concellos de menos de 50.000 habitantes estableceranse as cores: verde para menos de 7 casos novos á semana; amarelo para entre 7 e 13 casos novos á semana; laranxa para entre 14 e 20 casos novos á semana; e vermello para máis de 20 casos novos á semana.

No caso dos concellos de máis de 50.000 habitantes: establecerase: o verde para os que teñan menos de 28 casos novos á semana por 100.000 habitantes; amarelo para entre 28 e 55 casos novos á semana por 100.000 habitantes; laranxa para entre 56 e 111 casos novos
á semana por 100.000 habitantes; e vermello para máis de 111 casos novos á semana por 100.000 habitantes.

También te puede interesar