29 concellos galegos están en ‘alerta 3’, a máxima, pola incidencia da COVID-19. Son catro máis que onte: Xinzo, Barbadás, Fene, Marín, Redondela e Vigo, o maís poboado de Galicia. Nigrán, que estaba neste nivel de alerta, sae da mesma.
22 en ‘alerta laranxa’
Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), outros 22 concellos están en ‘alerta 2’, laranxa, entre eles os de O Porriño, Mos, Nigrán, Gondomar e Ponteareas.