Galicia Sucesos

Un morto e 48 feridos en accidentes de tráfico en Galicia a pasada fin de semana

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico

O persoal do 061 Galicia asistiu durante a fin de semana a 49 persoas debido a 39 accidentes de tráfico. Os mesmos ocoreron nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 23, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 25 de outubro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 50. As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 40 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes.

En 37 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios. En 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente, onde morreu unha persoa.

También te puede interesar