Sanidade informou este mércores da morte en Galicia de sete persoas diagnosticadas con Covid-19. Tres delas vivían na residencia de Os Gozos no concello ourensán de Pereiro de Aguiar. Os sete falecidos presentaban patoloxías previas.
Con estas sete mortes o total de vítimas mortais en Galicia dende o comezo da pandemia é de 889.