Comarcas Vigo al minuto

O Caan da Deputación bate récord de adopción

467 cans e cadelas atoparon un fogar nos primerios dez meses deste 2020

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de superar o seu récord anual de adopcións acadado o pasado 2019, cando aínda faltan dous meses para que remate este ano.

Cun total de 467 cans e cadelas que atoparon un fogar nestes dez meses. Esta cifra ten aínda máis valor pola situación da pandemia, que obrigou a suspender estes procesos entre marzo e maio co ‘Estado de Alarma’.

Carmela Silva no CAAN este martes


A presidenta da Deputación subliñou que este magnífico
balance do CAAN, que supón unha media de 1,5 animais adoptados cada día.

2.400 adopcións dende 2015

Carmela Silva destacou o éxito que están a ter as campañas para a adopción, de feito xa son máis de 2.400 as adopcións acadadas desde
2015, e confía en que ao remate deste 2020 se poderá superar o obxectivo
marcado pola institución de 500 animais adoptados.

Máis polo miúdo, desta cifra total de 467 adopcións, 454 formalizáronse en
España e 13 en Portugal. Das primeiras, 417 corresponden a fogares galegos,
mentres que o resto dos animais viaxaron a Castela León (18), Asturias (5),
Cataluña (4), Madrid (3), País Vasco (3) e Andalucía (3).

En Galicia a maior parte das adopcións, foron na provincia de Pontevedra, cun total de 337,seguidas por Lugo (55), A Coruña (23) e Ourense (2). E dentro da provincia, a cidade de Pontevedra ten o maior número de adopcións (37); seguida de Vigo (32), Meis (24), A Estrada e Sanxenxo (ambos concellos con 20), Cambados (18) e Marín e Vilagarcía (14).

You may also like