Fotografía: Conchi Paz/O investimento forma parte do Plan de Risco de Inundacións para o Lagares, e estará dotada con 6,8 millóns de euros.
A conselleira Ethel Vázquez explicou este martes polo miúdo as seis actuacións proxectadas. As mesmas serán en áreas de Sárdoma e Lavadores, na Avenida de Madrid, en Camposancos e en Severino Cobas, onde está previsto mellorar a drenaxe do río.
Ademáis, se inclúe un sistema de alerta que permitirá adiantarse a posibeis inundacións con ata tres días de anticipación.
Vázquez informou de que o plan foi remitido hoxe ao Concello de Vigo coa proposta de que poña a disposición os terreos mentres que a Xunta asume o custo económico.