Galicia Vigo al minuto

A Xunta investirá 1,6 millóns para ampliar o cauce do Lagares e reducir inundacións

Suporía anchear o canle do Lagares en 815 metros á altura do Polígono do Caramuxo

A Xunta vén de presentar o proxecto para investir 1,6 millóns de
euros na ampliación do cauce do río Lagares no polígono do Caramuxo, en Vigo. O mesmo ten coma finalidade reducir o risco de inundacións e o seu impacto nas industrial.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, abordou o Plan coa directiva de Asime e as empresas instaladas no polígono do
Caramuxo.

Darlle máis ancho ao canle do río

Vázquez trasladoulles que a Xunta lle remitiu hoxe mesmo ao Concello de Vigo o proxecto. A intervención céntrase en anchear a canle do Lagares ao longo dun treito de 815 metros do río neste ámbito, elevando a súa capacidade e reducindo o risco de asolagamento.

Trátase de manter nas condicións actuais a liña inferior da sección transversal do río e formar unha pendente tendida nas liñas superiores para aumentar a capacidade do leito.

Te podría interesar