Galicia Vigo al minuto

O Goberno financiará con 300.000€ o envasado de vacinas contra a COVID-19 do Grupo Zendal, en O Porriño

Segundo o delegado do Goberno, esta iniciativa «coloca a Galicia no mapa internacional da loita contra o coronavirus»

O delegado do Goberno en Galicia anunciou este luns que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concedeu unha subvención de 300.193€ ao grupo Zendal para o desenvolvemento dunha liña de envasado de vacinas contra a COVID-19.

‘Plan de axudas COVID’

O Ministerio fixo pública a resolución definitiva da convocatoria do ‘Plan de Axudas Covid, que financiará 47 proxectos vencellados á fabricación de productos hixiénico-sanitarios relacionados coa pandemia.

Javier Losada destaca este novo apoio do Goberno de España ao esforzo desta empresa biofarmacéutica de orixe galega, que «coloca a Galicia no mapa internacional da loita contra o coronavirus xogando un papel clave na solución á actual crise sanitaria como referente de fabricación de vacinas».

O delegado, quen visitou as instalacións do grupo xunto co ministro de Sanidade, Salvador Illa, hai varias semanas, lembrou que esta empresa fará o envasado da vacina seleccionada pola CEPI (Coalición para a Promoción de Innovacións para a Preparación ante Epidemias) para o subministro na UE: «a previsión é que se envasen máis de medio millón de dosis de vacinas, e esta aportación do Goberno quere contribuir a facelo posible». Javier Losada apuntou que «o envasado é unha parte vital, crítica, da fabricación dunha vacina, pois permite achegar o antíxeno de xeito seguro e eficaz ao paciente».

Ademáis, o delegado lembrou que a filial de Zendal, Biofabri, foi elixida en setembro pola compañía americana Novavax para a producción industrial do antíxeno da súa vacina en Europa, un feito, que representa un gran reto e un recoñecemento a todo o esforzo do seu equipo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.