O día mundial contra a tortura e os desaparecidos festéxase en Redondela coa representación de ‘Cachai’, unha obra da compañía Miroscopio basada nun feito real ocorrido a noite do golpe de estado de Augusto Pinochet contra o goberno chileno. Será esta tarde (20:30 horas) no auditorio do Multiusos do Paseo da Xunqueira.
‘Cachai’ conta a peripecia de subsistencia de dous mozos que perseguidos polos militares e habendo perdido esa noite aos seus pais, vense obrigados na súa fuxida a vivir por espazo de dous anos dentro do nicho dun cemiterio chileno.
A historia dun renacer dende a nada protagonizada por Adan Rodríguez, Juanjo do Rei e David Gómez-Bendito, con dramaturxia e dirección de Pepe de Jiménez. Porque cando xa non queda nada, a vida continúa grazas á insistencia por agarrarse a ela nunha loita constante por non perder a dignidade, por sobrevivir.