'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

Denuncian a discriminación por parte da Xunta ás investigadoras pola súa maternidade

Esixen ao Goberno galego cumpra a lei en materia de igualdade

Como xa aconteceu anteriormente, as persoas pertencentes á convocatoria de Axudas Posdoutorais da Xunta 2017 que foron nais durante a duración dos seus contratos, “volven atopar as mesmas dificultades para continuar coa súa carreira investigadora”.

Desamparo e discriminación por maternidade

O motivo, denuncia InvestiGal, é a falta de previsión e da negativa a
implementar cambios significativos por parte da Consellería de Educación, e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) para “evitar situacións de desamparo e discriminación por maternidade que xa se están a converter en recorrentes dentro do sistema universitario e investigador galego”.

InvestiGal reitera a importancia que ten que as persoas que disfrutaron de permisos de maternidade dispoñan de mecanismos reais de equiparación co resto das persoas coas que deben concorrer á seguinte convocatoria. Para iso deben establecerse, “criterios para ponderar os seus currículums ou outros que se consideren pertinentes para evitar que os períodos de suspensión conten como tempo traballado, e que a maternidade supoña unha penalización nas súas carreiras”.

Amparadas pola Valedora do Pobo

Recentemente, incluso a valedora do Pobo se pronunciou a favor en resposta á queixa interposta por afectadas deste colectivo, da que a prensa se fixo eco.

A Xunta non responde


Tanto InvestiGal como as persoas afectadas por permisos de maternidade e pertencentes á convocatoria 2017 solicitaron á Xunta unha reunión. Na mesma querían pedir que lles aclaren as medidas ante a vindeira convocatoria de axudas que supoñen a continuación da súas carreiras investigadoras e que, previsiblemente, sairá a principios do 2021.

“Dada a falta de interese á hora de facer calquera tipo de aclaración”, presentouse por rexistro un documento cunha serie de propostas. A Xunta podería aplicar as mesmas de maneira inmediata para “rematar con esta discriminación manifesta”.

Cumprir a lei

Estas medidas teñen como finalidade o obxectivo de que se cumpra a lei vixente, tanto autonómica, como nacional e europea en materia de igualdade.

InvestiGal insta á Consellería de Educación e a GAIN a aplicar a
lei e a rematar dunha vez por todas con este tipo de “situacións inxustas que se veñen repetindo ano tras ano”.

Ademáis a Rede pola Investigación insta á Conselleira de Emprego a mediar para que estas situacións de “discriminación por xénero e violencia estructural”contra as mulleres no ámbito da investigación deixen de producirse.

También te puede interesar