Comarcas

Salceda reorganiza o tráfico en Penedo Redondo para acabar coas carreiras ilegais

O proxecto inclúe a colocación de pasos elevados e prazas de aparcamento

O Concello de Salceda ven de iniciar as obras de reorganización do tráfico no entorno do campo de fútbol do Penedo Redondo. O obxectivo da medida é o de rematar coas habituais “quedadas” para realizar carreiras ilegais de coches.

Pasos elevados

O proxecto consiste na creación de diversos pasos elevados que realizarán para lograo o cahamado “tráfico calmado”. Deste xeiro impediranse as perigosas prácticas que se viñan detectando na zona. Ademais, vaise proceder ao pintado de prazas de aparcamento, que facilitarán a organización do tráfico para as familias do máis dun centenar de nenos e nenas que empregan o campo de fútbol a diario.

Perigo para veciños e usuarios do campo

Nas últimas semanas, Concello e Garda Civil de Tráfico traballaron de xeito conxunto para acadar a mellor solución. A mesma está encamiñada a rematar cun problema que empezaba a ser xa demasiado reincidente e supuña un perigo non só para as persoas que alí se concentraban senón tamén para a veciñanza da zona.

Lucía Pereira, concelleira de Seguridade e Tráfico, agradeceu a implicación da Garda Civil. “En diversas ocasións realizáronse denuncias por delitos contra a seguridade do tráfico, pero deste xeito conseguiremos rematar co problema definitivamente”.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, agradece aos diferentes corpos de seguridade do Estado o traballo que se está a realizar no noso municipio para siga a ser tranquilo e seguro.

También te puede interesar