Galicia Sucesos

Terceira fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

38 resultaron feridas en 32 accidentes

58 feridos nunha fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

Os profesionais do 061-Galicia asistiron a 38 persoas feridas en 32 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. dende as 3 da tarde do venres, 27, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 29 de novembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 41 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico
mobilizáronse en 31 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria
prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais atenderon nunha ocasión.

En 27 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente

You may also like