Un home de 48 anos de idade apareceu morto este luns na súa casa da parroquia de Oroso, na Cañiza. O suceso producíuse de madrugada, segundo fontes dos servizos de Emerxencia, logo de intoxicarse co monóxido de carbono dunha máquina que manexaba.
Foi a familia a que chamou ao 112 Galicia preto das 01:30h. Axiña chegaron ao lugar axentes da Garda Civil e unha ambulancia de soporte vital básico do 061, con persoal da PAC da Cañiza,que so puido confirmar a morte.