O Goberno galego, dacordo coa recomendación do comité clínico, decidiu que esta medianoite, á vista da evolución da pandemia,Santiago volva a estar pechada perimetralmente.
Hai so 12 días, coincidindo coa ‘ponte da Constitución’, que a capital galega, xunto con Ourense deixara o nivel máximo de restricción.
Tamén Baiona
O comité clínico tamén recomendou que os concellos de Ribeira, Bueu e Baiona pasen ao nivel máximo de restricións. Baiona queda nun nivel distinto ao de Vigo o que supón que o seu peche será individual.