Comarcas

Redondela suspende a feira do día 21

O concello segue en situación de peche perimetral

Redondela abre o prazo de inscrición no 'Programa de Conciliación 2021'

O Concello de Redondela vén de anunciar a suspensión da feira que se tiña que celebrar o vindeiro 21 de decembro. A medida tómase ao continuar o municipio en situación de peche perimetral pola pandemia da COVID e en nivel de restrición máxima.

Os datos aportados por Sanidade apuntan a unha lixeira diminución dos casos activos aínda que non o suficiente para eliminar as restricións vixentes no municipio.

Estes factores fan que o Goberno local optara pola suspensión da feira do día 21. Trátes dunha “medida difícil xa que supón suspender un mercado en plena campaña de Nadal que sempre é un elemento dinamizador do comercio local”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas.

También te puede interesar