Seis persoas que foran diagnosticadas con coronavirus morreron en Galicia nas últimas horas. Dende o inicio da pandemia perderon a vida 1.406 persoas con COVID.
Entre 72 e 94 anos de idade
Segundo a información da Consellería de Sanidade, as vítimas son trátase de tres mulleres e tres homes, un deles, de 83 anos de idade, falecido na residencia DomusVi de Vimianzo.
Tres morreron no Complexo Hospitalario Universitario de Santiafo (CHUS): un home de 72 anos e dúas mulleres, de 74 e 94 anos.
Outra muller, de 78 anos, faleceu no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un home de 82 anos de idade no CHUAC da Coruña.